O ministro de Universidades, Manuel Castells, dimite

1 minutes read

Manuel Castells, abandona o Goberno de coalición por motivos de saúde, segundo confirmaron fontes da súa contorna e de En Comú Podem. Sociólogo, economista e profesor universitario, Castells converteuse en 2020 no ministro de Universidades do goberno de coalición a proposta da confluencia catalá de Unidas Podemos. Case dous anos despois, decidiu deixar de formar parte da coalición por motivos persoais. O exconcelleiro do Concello de Barcelona no Goberno de Ada Colau, Joan Subirats, será quen tome a carteira de Universidades. Foi a propia alcaldesa a que propuxo a Castells para dirixir o Ministerio e agora fixo o propio con Subirats.