Inaugurada a nova Comisaría Local da Policía Nacional de Ribeira


O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, inaugurou en Ribeira a nova sede da comisaría da Policía Nacional. No acto tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a conselleira de Política Social, Fabiola García, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. As novas instalacións, situadas na avenida das Airós, no lugar de Fontán, darán cobertura a toda a comarca da Barbanza. Con este cambio de localización, as oficinas da nova sede da Policía Nacional en Ribeira serán máis amplas e luminosas e facilitarase o traballo dos profesionais adscritos ao cadro de persoal ribeirense. Os presentes coincidiron en poñer en valor a importancia de contar cun corpo de seguridade do Estado que vixíe e controle a seguridade e benestar dos cidadáns.