O ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, acusou este martes ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) de “órgano político”, de “deslealdade constitucional” por facer unha declaración en contra da amnistía “sen coñecer o texto legal”.
Marlaska, maxistrado de profesión, fixo estas declaracións despois de que o CXPX aprobase este luns, grazas á maioría conservadora do órgano de goberno dos xuíces, unha declaración na que asegura que unha amnistía supoñería unha “degradación”, cando non unha “abolición”, do Estado de Dereito e que se “violentaría” a independencia dos tribunais e a propia Constitución.
“Un CXPX que leva xa cinco anos dunha prórroga indebida, onde hai habido un incumprimento absoluto do noso ordenamento xurídico e da Constitución, desde logo, sen coñecer un texto legal, que fagan un pronunciamento, paréceme, e dígoo claramente, de unha deslealdade constitucional como hai tempo que non se vía”, concluíu.