O modelo colaborativo entre o Concello de Carballo e a veciñanza esténdese ás parroquias de Rus e Sísamo

En Sísamo adquiriuse unha parcela de 1.481 metros cadrados nas inmediacións do conxunto parroquial que se destinará, principalmente, a aparcamento, pero que tamén terá outros usos comunitarios. A finca foi adquirida mediante concurso público a un prezo de 27,01 Euros metro cadrado, polo que o investimento acadou os 40.000 euros, financiados a partes iguais entre o Concello de Carballo e a veciñanza. O novo espazo público está en proceso de acondicionamento, como comprobaron o alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros Luis Lamas e Belén Lendoiro nunha visita.

O mesmo sistema de adquisición utilizouse na parroquia de Rus para conseguir un aparcamento a carón do complexo parroquial de San Xosé de Alborín. A igrexa abriu ao culto o 19 de marzo de 1995, e a iniciativa da súa construción tamén foi veciñal. Agora os habitantes da contorna volveron a implicarse para solucionar o problema de estacionamento, pero a finca é tan grande (10.382 metros cadrados) que permite ademais gozar dunha zona arborada que incrementa as posibilidades de aproveitamento do espazo. De feito, a veciñanza xa ten varias ideas en mente.

Terreos en Alborín

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha