O modelo de coidados de maiores está “privatizado e cebado con cartos públicos”, segundo o BNG

1 minutes read

A deputada do BNG, Olalla Rodil, afirmou que urxe  cambiar o modelo de residencias porque cos  “maiores non se pode facer nin negocio nin caridade, o que precisamos é servizo público”. Isto foi o que dixemos desde o BNG en 2020 cando nos comprometemos durante a pandemia a traballar sen descanso cara á un novo modelo de coidados que  poña no centro “a vida e as persoas”, que garanta o “dereito a unha vellez digna” e  que despregue “unha rede de servizos públicos forte e da máxima calidade”.

Rodil lamentou que o Partido popular votara en contra da toma en consideración a lei do BNG destinada a garantir “o dereito a unha vellez digna” dentro dun sistema público forte e non supeditado ao beneficio das empresas privadas. A nacionalista defendeu cambiar o actual modelo do Partido popular “privatizado e cebado con cartos públicos”, concluíu.