O Monte Neme convértese en África para unha serie de Movistar

1 minutes read

Era un dos contidos máis fortes polos que Movistar+ apostaba para 2020 e non decepcionou: en pouco máis dunha semana, «La Unidad» converteuse na serie orixinal de Movistar+ cunha mellor estrea na historia da plataforma, o cal posibilitou que se traballe xa nunha segunda (e moi desexada) tempada.

Máis do 40% dos que viron o primeiro episodio xa consumiran a serie completa. O mesmo comunicado informaba de que «os usuarios das redes sociais uníronse para falar de #LaUnidad, comentala, recomendala e resaltar os seus valores con multitude de comentarios positivos», do mesmo xeito que a crítica especializada.

Mentres vai gozando do éxito, a promoción e o boca a orella, a serie producida por Vaca Films comeza o seu periplo internacional, co desexo de gustar tanto no mundo como outras series españolas, como ‘Elite’ ou ‘A casa de papel’. A distribuidora Beta Film confirmou a súa difusión en Latinoamérica grazas ao acordo asinado con HBO LATAM.

Vaca Films quixo explotar o encanto e a singularidade do Monte Neme carballés. As súas reconocibles augas turquesas e os seus rochosos arredores simulan ser parte dun deserto africano na serie dirixida polo galego Dani da Torre. Varios emprazamentos coruñeses, como o Coliseum, ExpoCoruña, a estación do tren ou a sala Pelícano, tamén se identifican nas imaxes.

La Unidad – Tráiler oficial | Movistar+