O Morriña Fest convértese nun dos grandes acontecementos musicais da Coruña

Riazor foi escenario dunha fin de semana histórica, coa volta dos grandes eventos musicais ao estadio da man do Morriña Fest. En torno a 50.000 persoas gozaron durante dous días dos 11 concertos programados e preto de 20 horas de música, ademais das seis actuacións de balde que se celebraron no Andén de Riazor. Os máximos picos de afluencia, co estadio cheo tanto nas gradas como na pista, coincidiu cos concertos dos principais cabezas de cartel, Maluma o venres 15 e Black Eyed Peas o sábado 16. Asistentes e organizadores destacaban ao remate do festival a emoción no ambiente, co estadio cheo e unha gran entrega do público, que non deixou de saltar, bailar e corear os temas dos seus artistas e grupos favoritos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha