O mundo celebra o 75 aniversario da liberación de Auschwitz


Líderes de máis de 50 países, entre eles os Reis de España, acudiron este luns á conmemoración en Polonia. Na celebración participaron tamén máis de 200 sobreviventes que percorreron de novo o campo de concentración onde os nazis exterminaron a máis de 1 millón 100 mil persoas, a maioría xudeus. «En nome da República de Polonia teño o privilexio de nutrir sempre a memoria e gardar a verdade sobre o que pasou», destacou o presidente de Polonia Andrzej Dúbida. «A verdade sobre o Holocausto non debe morrer. A memoria de Auschwitz debe perdurar para que tal exterminio non se repita nunca máis», apuntou. Os sobreviventes que participaron no acto reclamaron, ante o crecemento do antisemitismo, que non se perda a memoria do Holocausto, que o mundo aprenda o que outros non vían hai máis de 75 anos.