O mundo chora pola morte de Charlie Watts, batería dos Rolling Stones

1 minutes read

Charlie Watts, batería da banda británica Rolling Stones, morreu aos 80 anos, informou este martes Bernard Doherty, publicista do músico. O lendario membro dos «Stones» someteuse recentemente a unha operación, o que forzou a súa retirada da próxima xira planeada polo grupo en EE.UU. O seu publicista Bernard Doherty, dixo nun comunicado: “É con inmensa tristeza que anunciamos a morte do noso querido Charlie Watts. Faleceu en paz nun hospital de Londres este martes rodeado da súa familia. Watts era un amado marido, pai e avó e tamén, como membro de The Rolling Stones, un dos mellores bateristas da súa xeración. Pedimos que se respecte a intimidade da súa familia, dos membros da banda e dos seus amigos máis próximos neste difícil momento”.