Decenas de miles de persoas procedentes de toda España -150.000 segundo datos da Delegación do Goberno e máis de 400.000 segundo a organización- participaron este domingo en Madrid nunha gran manifestación para reclamar ao Goberno un «plan de choque» para o mundo rural que faga fronte aos altos custos e a baixa rendibilidade do sector, problemas agravados pola guerra de Ucraína. Baixo o lema ’20 M en defensa do mundo rural’, os convocantes -as principais asociacións de agricultores e gandeiros, cooperativas alimentarias, cazadores e regadores- manifestáronse nunha marcha que arrincou fronte á sede do Ministerio de Agricultura, acompañados de tractores, rehalas de cans de caza, cabalos, ruído de trompetas, globos e moita cor, e que transcorreu sen incidentes.