Está situado na rúa Vila de Noia de Carballo e foi iniciado o pasado mes de abril coincidindo coa visita dos franceses a Carballo, xa está finalizado. A iniciativa foi promovida pola Asociación de Irmanamento con L´Isle Jourdain en colaboración co Concello de Carballo co obxecto de conmemorar os 25 anos de irmandamento entre Carballo e L’Isle Jourdain.
A obra foi realizada polos ilustradores carballeses Santiago Picos e Cristina Castro. Nesta creación, as follas do carballo simbolizan a vila bergantiñá e os xirasois, os campos que rodean L’Isle Jourdain. Na parte central, as mans en forma de corazón representan os sentimentos que unen aos habitantes das dúas vilas entre si e sobre todo aos participantes dos intercambios que se levaron a cabo durante estes 25 anos. «¿Por que dous brazos? Un brazo representa a unha persoa de Carballo e o outro a unha de L’Isle Jourdain, creando un vínculo afectivo que se estende ás dúas vilas irmás», explican dende o Comité de Irmandamento.