O Museo de Bergantiños acolleu o sorteo da campaña da ruta Vermú de Inverno

Este sábado 23 de decembro celebrouse no Museo de Bergantiños o sorteo público dunha viaxe a Tarragona entre as persoas participantes na ruta Vermú de Inverno que presentaron o seu pasaporte con 12 selos de diferentes establecementos de hostalaría de 3 parroquias distintas.

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, e a técnica de Turismo do Concello de Carballo, Maite Parga, foron os encargados de realizar o sorteo. O premio correspondeu a Juan Carlos Noya Noya, que poderá desfrutar dunha viaxe para dúas persoas a Tarragona, onde, á parte de gozar dunha estancia dunha fin de semana en réxime de media pensión, visitarán o Museo do Vermut de Reus.

A primeira suplente é Concepción Gálvez Alonso e o segundo suplente, Gonzalo Mato Vázquez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha