O Museo de Corme abre as súas portas para acoller tres exposicións arredor do mar

1 minutes read

Esta Semana Santa o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACMO), en Corme compartirá protagonismo coa devoción e a paixón dos tradicionais actos litúrxicos que se celebrarán na propia vila e coa gastronomía e a música que nos achegará a II Festa Marisqueira.

De xoves a domingo, o Museo de Arte Contemporánea de Corme permanecerá aberto ao público para converterse, por un lado, en punto de información turística para os visitantes que se achegan nestas datas ata o noso concello e, polo outro, nun novo espazo de expresión artística, cultural e etnográfica capaz de albergar, tanto no seu interior coma na fachada, varias exposicións ao mesmo tempo para satisfacer así as necesidades e gustos de todo tipo de públicos.