O Museo do Encaixe de Camariñas, entre os máis relevantes do sector da artesanía en Europa

Proceso de documentación_Concello de Camariñas

  • O Concello remitiu toda a información á Michelangelo Foundation, unha institución adicada á artesanía e ao diseño a nivel internacional

O Museo do Encaixe de Camariñas foi seleccionado para formar parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía que seleccionará o museo máis interesante no sector da artesanía e a nivel deseño no ámbito europeo.

Durante esta semana o Concello de Camariñas estivo realizando un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e datos xerais do Museo do Encaixe, á institución Michelangelo Foundation, que se dedica a impulsar a artesanía e o diseño a nivel internacional.

O proxecto pode consultarse a través da web de Homofaberguide, unha plataforma moi atractiva visualmente na que cada referencia ou institución terá a súa propia páxina con fotos e datos útiles como a localización ou os horarios.

“O obxectivo é que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado, un paso máis no proceso de internacionalización do encaixe que estamos levando a cabo”, explicou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha