O Museo do Encaixe de Camariñas, entre os museos de artesanía máis relevantes de Europa

Interior del Museo do Encaixe de Camariñas_Web oficial

  • A ‘Homo Faber Guide’ é unha guía que mostra os museos e galerías máis relevantes dentro do sector da artesanía

O Museo do Encaixe de Camariñas xa forma parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía que selecciona o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo.

Toda a información sobre o espazo museístico camariñán e imaxes do que poderán atopar nel os visitantes está xa dispoñible na páxina web da guía.

A finais do ano 2020 o Concello de Camariñas levou a cabo un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e datos xerais do Museo do Encaixe, á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O proxecto ‘Homo Faber Guide’ ten como obxectivo destacar aos mellores artesáns de Europa e a aqueles museos, galerías, obradoiros e tendas máis relevantes do sector, así como facilitar as alianzas dentro da comunidade.

«Continuamos co noso proceso de internacionalización do encaixe a través da inclusión do museo neste proxecto» destacou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, que explicou que «queremos que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado».