O Museo do Encaixe de Camariñas, novo punto de información turística

MECAM Museo Encaixe de Camariñas

  • A caseta que funcionaba como punto de atención a turistas trasladouse á praia de Area da Vila para un novo uso

O punto de información e atención aos turistas do Concello de Camariñas trasládase ao Museo do Encaixe co obxectivo de mellorar o servizo e mantelo activo durante todo o ano, sempre que a situación sanitaria o permita, e non só durante a época estival.

Ata o de agora este servizo prestábase nunha caseta na fachada marítima da vila que, precisamente este xoves, foi trasladada á praia de Area da Vila para acondicionala de cara ao verán. En canto ao espazo que deixa baleiro o stand, o Concello xa está traballando nun proxecto de novo uso que presentará proximamente.

Ademais, desde a corporación municipal destacan que, debido á boa evolución epidemiolóxica, está previsto que a finais deste mes reabran o Museo do Encaixe e o Museo Man de Camelle.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha