O Museo dos Muíños de Golmar estará aberto ao público venres e sábados

1 minutes read
  • Tamén poden concertarse visitas de grupos noutros días da semana

O Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, situado na antiga Casa Reitoral de Golmar (A Laracha), poderá visitarse todos os venres e sábados de verán en horario de 10:00 a 14:00 horas. Ademais, continúase ofrecendo a posibilidade de concertar visitas guiadas para grupos en calquera outra xornada reservando cita previamente no Concello. En todos os casos a entrada é gratuíta.

Na instalación faise un percorrido por medio de mapas, documentos, imaxes e pezas reais de muíños, mostrando aos visitantes o seu funcionamento, a súa importancia social e os diferentes tipos de muíños que existían na Costa da Morte. O museo conta co distintivo de Centro Azul outorgado pola Fundación de Educación Ambiental (FEE) e a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC).

Os mozos participantes no programa de voluntuariado xuvenil que organiza o Concello realizaron unha visita a este centro que foi guiada por persoal técnico municipal.