O Museo Man de Camelle acolle dúas exposicións relacionadas co ‘Surf’

1 minutes read

O Museo Man de Camelle alberga, do 2 ao 25 de setembro, dúas exposicións que a asociación ‘Art amb B’ trae a Camariñas a través do Instituto de Estudios Baleares: ‘Surf’, do reputado artista Pep Guerrero, e ‘Canyissos’, unha mostra colectiva de 16 autores.

En ‘Surf’ as persoas que se acheguen poderán ver un total de 14 pezas, creadas a través de partes de táboas de surf, cortadas, que saen da parede ou do chan e nas que o artista multidisciplinar mallorquino Pep Guerrero incorporou as súa pinturas. “Paisajes, estampados de papel pintado, todo lo que me gusta lo incluyo en una pieza”, explica o artista.

No caso de ‘Canyissos’, exporanse 16 pezas formadas polas táboas que antigamente se usaban nun pobo de Mallorca chamado Porreres para secar albaricoques. Sobre elas traballaron 16 artistas diferentes, incluídos dous galegos: a camariñana Puri Lema del Río e o vimiancés Xurxo Martiño.