‘Formigas’, un orixinal obradoiro artístico que chega ao Museo de Man de Camelle

1 minutes read
  • Realizarase o 25 de abril e os participantes deberán pagar unha taxa de 10 euros

O Museo Man de Camelle, no concello de Camariñas, organizará o 25 de abril un obradoiro artístico titulado ‘Formigas’. De forma paralela tamén se realizará unha visita á exposición ‘Ants, Treballadores’, unha mostra prevista para finais deste mes que foi elaborada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras.

Cada participante poderá transformar durante 4 horas unha formiga de ferro de 18 ou 25 cm que lle proporcionará a propia organización xunto con pintura. Quen desexe outro material deberá traelo consigo.

Para asistir é necesario reservar praza antes do 19 de abril enviando un correo electrónico a museodoman@camarinas.net ou chamando ao teléfono 981 710 224. Os matriculados deberán pagar unha taxa de 10 euros.