O Nadal chega a Zas cargado de música, teatro, humor, obradoiros e moita maxia

Teatro, música, monólogos, obradoiros e xogos, un gran xantar e a visita do apalpador e dos Reis Magos son algúns dos pratos fortes do programa de Nadal organizado polo Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, e en colaboración con distintas asociacións e cos centros educativos do municipio. Na programación inclúense actividades para todos os públicos ainda que os nenos e as nenas serán os principais protagonistas do Nadal. As actuacións repártense por distintas ubicacións do municipio e algunhas delas realizaranse nos propios centros educativos do municipio dentro do horario escolar co fin de que todos os nenos e nenas do noso concello desfruten do mellor Nadal posible. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha