- O grupo “Fillos do Estramonio” publica unha canción con Caballero e a noria xigante como protagonistas.
O ano pasado era Tony Lomba e Elio dos Santos quen aproveitaba estas datas para lanzar un tema que combinaba diferentes mencións a Vigo, Caballero e a iluminación do Nadal cunha homenaxe á cantante do momento, Rosalía. Este nadal, Fillos do Estramonio publicou xa en Youtube un vídeo no que o rexedor e a noria xigante da Alameda son os principais protagonistas. O novo “HIT” trátase dunha adaptación musical da mítica canción “Gloria” popularizada por Umberto Tozzi, o grupo adapta a letra para cantar as virtudes da atracción desde a que se ve “Redondela, Rande e ata Nova York por diante”, tal e como prognosticou o propio Caballero.