O Nadal deixou unha nova repunta de casos por infeccións respiratorias

1 minutes read

O Nadal trouxo consigo unha nova explosión de infeccións respiratorias. Na súa maioría son cadros bronquíticos que ademais conviven con outros virus. Está a ser un inverno atípico, non hai unha remuda na aparición dos virus, todos brotan ao mesmo tempo.

O aumento de casos tensiona as urxencias. Desde o Sergas aseguran que a atención está garantida e negan saturación no servizo, a pesar de que a sanidade galega, dende o SERGAS, ten convocados paros nas próximas semanas se a consellería non pacta melloras das condicións laborais.

«Agora temos unha ensalada de virus de todo tipo, non só respiratorios, tamén hai moitos intestinais», asegura o inmunólogo, José Gómez Rial. O último informe sitúa a incidencia dos virus respiratorios en España nos 552 casos por cada cen mil habitantes. En Galicia a cifra é menor, 400 casos. E todo apunta a que será así todo xaneiro

«Esperemos que en febreiro baixen os casos cando a xente estea máis inmunizada, probablemente é o lastre que estamos pagando a baixa inmunización», di o hematólogo Manuel Viso.