O Nadal máis «espectacular» celébrase en Carballo

Cartel de Oviravai_Concello de Carballo

  • A programación do Nadal Cultural de Carballo recolle, un ano máis, as propostas lúdicas e solidarias do movemento asociativo para estas datas

A piques de rematar este ano tan atípico, a programación de Nadal segue a ser unha das grandes propostas dos concellos para alegrar á xente e tamén para promover a cultura e a solidariedade. É o caso do Concello de Carballo, que pon en marcha o Nadal Pequespectacular.

Teatro, monicreques e música encabezan un cartel de primeira, grazas tamén á colaboración de Agadic:

Domingo, 27 de decembro. A compañía Oviravai presenta “Paio e o poder da música”, un divertido espectáculo de gran formato con contido social, xa que aborda temas como o acoso escolar, a igualdade ou a reciclaxe.
Luns, 28 de decembro. Monicreques de Kukas presenta “Arlequina”, un espectáculo de marionetas, actores, maxia e música en directo que recrea un divertido universo creativo particular cunha das compañías de teatro máis antigas de Galicia.
• Martes, 29 de decembro. A compañía vasca Anita Maravillas & Portal 71 traerá a Carballo o espectáculo “Jon Braun”, unha magnífica historia sobre o amor filial e a superación, onde o heroe será Malintxe, unha muller forte e guerreira, e o anti-heroe, Jon Braun, que afrontará as dificultades con ilusión.

Poñeranse á venda 62 entradas por cada función a partir das 16:30 horas na billeteira do Pazo da Cultura, onde se celebrarán as actuacións a partir das 18:00 horas.

O Nadal Cultural tamén agrupa un conxunto de actividades solidarias para todos os públicos e que podes ver aquí.

ACTIVIDADES ONLINE

Debido ás condicións actuais, e para que ninguén se perda a oportunidade de participar deste Nadal, ofreceranse en streaming varios espectáculos, entre eles: o Concerto de Nadal interpretado polo alumnado do Conservatorio Profesional de Música o día 22, ou a cabalgata de Reis.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha