O Nadal ten premio en Malpica

Cedida

  • O próximo 5 de decembro o Concello pon en marcha a campaña de Nadal para fomentar as compras no comercio local

O Concello de Malpica, a través da concellaría de Promoción Económica, prepara unha campaña de Nadal para fomentar as compras nos comercios locais. Por cada 20 euros de compra, a clientela optará a un vale de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos que, a día de hoxe, superan a quincena. En total haberá 500 euros en xogo repartidos en cinco vales. ‘Un Nadal de premio no comercio de Malpica’ botará a andar o 5 de decembro e rematará o 6 de xaneiro, día no que se coñecerán os gañadores do sorteo.

Nesta campaña de Nadal participan: Almacenes Armas, Asfeco Asesores, A Tenda de Vera, Calzados LC, Elemoba, Estanco Vanessa Varela Morales, Estanco Visi, Farmacia Atlántico, Gemma Chouciño Estética, Joyería Pallas, Librería Casa Pardo, Librería Miguens, Peluquería Cristal, Peluquería Isabel e Torrado Anido SL.

Por outra banda, o Concello de Ponteceso tamén colabora coa asociación cultural Carcaxía en varias actividades: un campamento de Nadal e un obradoiro de galletas.

O campamento desenvolverase na Casa da Cultura de Seaia e está dirixido a rapaces de entre 3 a 10 anos. Será en horario de mañá. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse a través do teléfono 657 919 272.

O obradoiro de respostería de Nadal tamén se realizará no mesmo lugar. Será o próximo mércores, 1 de decembro, de 16:00 18:00 horas. As prazas están esgotadas.