O Nadal xa loce en Compostela


O Nadal en Compostela arrancou co acendido das luces: 21 km de manto lumínico e arcos decorativos en varios puntos da cidade, fundamentalmente no Casco histórico e no Ensanche, os ámbitos comerciais máis importantes, pero tamén nos principais barrios e vías de entrada da zona urbana.

A iluminación estará en funcionamento ata o mércores 6 de xaneiro de 2022 de acordo co seguinte horario de acendido: desde as 18:00 h ata as 2:00 h e de 7:00 a 9:00, agás os días 24, 25 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, nos que a iluminación permanecerá acendida desde as 18:00 h. ata as 9:00 h. Esta iluminación das rúas completarase coa que realiza Turismo de Santiago nos persoaxes senlleiros presentes na Alameda ou en edificios representativos como a fachada de San Domingos de Bonaval, ou a da Casa da Conga.