O tráxico naufraxio do pasado domingo nas costas de Calabria, no sur de Italia deixa polo menos 64 mortos confirmados, pero podería chegar ao centenar, entre eles figuran varios nenos. Segundo os sobreviventes, a embarcación de madeira que transportaba 170 migrantes partiuse no medio da tempestade. Dos 82 sobreviventes; a maioría foron trasladados ao centro de acollida da localidade de Isola di Capo Rizutto, onde se lles ofrece apoio psicolóxico. O barco naufragado partiu de Turquía a semana pasada. Os cadáveres foron trasladados ao polideportivo da cidade de Crotone onde se instalou unha capela ardente para dar un último adeus aos migrantes falecidos que procedían de Iraq, Irán, Siria e Afganistán. Algúns pagaran ata 8.000 dólares pola travesía en barco.
0