O nodo de ciberseguridade de Galicia, ofrecerá multitude de servizos

3 minutes read

A Xunta traballa coa previsión de poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal. á volta do verán, unha vez que xa se asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais

Coa creación de CIBER.gal, a Xunta pon en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.

A implementación de medidas de ciberseguridade require coordinación e a compartición de recursos. O nodo é un instrumento de cooperación no que participan as tres administracións con competencias na materia para, por unha banda, facilitar a dispoñibilidade e compartición deses recursos e, por outra, tamén para artellar a colaboración público-privada neste ámbito para facilitar unha carteira integral de servizos e que o Nodo se converta nun aglutinador das iniciativas de ciberseguridade en Galicia.

Servizos para cidadáns, Administracións públicas e pemes

O inicio da actividade do nodo CIBER.gal focalizarase na formación e concienciación á cidadanía, ás empresas, en especial ás pemes, e ás Administracións públicas, dando resposta ás inquedanzas e necesidades sinaladas polos axentes consultados.

Para a cidadanía os servizos centraranse en accións de formación a estudantes e eventos participativos para os diferentes niveis educativos (secundaria, bacharelato, formación profesional e universidade). Ademais, desenvolveranse accións de capacitacións básica no uso seguro das tecnoloxías para persoas maiores. Como primeiro paso para avanzar neste ámbito colaborarase con INCIBE na promoción e execución de xornadas técnicas de ciberseguridade nas escolas con accións dirixidas tanto a alumnos como a docentes de materias relacionadas coas novas tecnoloxías para que adquiran as habilidades para impartir os talleres aos alumnos.

Para as pemes e autónomos a concienciación e a difusión tamén serán eixos prioritarios dos servizos de CIBER.gal en colaboración con outros axentes do Nodo. Neste ámbito xa se están realizando accións como os servizos do plan Re-Acciona para a definición de estratexias de ciberseguridade nas pemes. Este ano hay dispoñible 14 tipos de servizos nesta área por un importe de 290.000 euros.

Ademais, poñeranse en marcha acciones específicas para este público en colaboración con INCIBE como formacións no ámbito a análise dos riscos e uso de servizos de seguridade.

No ámbito das administracións públicas, identificáronse como próximos pasos a realización de xornadas de formación aos axentes chave dos concellos para a súa capacitación en competencias básicas relacionadas coa ciberseguridade e protocolos de actuación, e formación avanzada para os servizos TI das administracións autonómicas, provinciais e locais.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?