40
- O premio do concurso de disfraces individual foi para Ainara Devesa Gómez, que recibirá unha tablet
O concurso “O noso Entroido” do Concello de Cabana de Bergantiños xa ten gañadores. O xurado, composto por Carlos Allo, Cristina Morandeira, Silvia Losada e Martín Martínez, quedou moi sorprendido co nivel deste ano xa que os traballos foron «realmente moi creativos e de gran nivel artístico”.
Así, o premio do concurso de disfraces individual foi para Ainara Devesa Gómez, que recibirá unha tablet; premio que tamén lle será outorgado aos “Os Beatles de Cabana”, gañadores da modalidade Comparsa de Conviventes. Por outra banda, “Os Mecos do Baladiño”, de Pura Riveira Pose, tamén conseguiron un dos premios.