O noso Samaín | Xornada animada para os máis pequenos de Vimianzo

0 minutes read

A rapazada vimiancesa gozou este luns do obradoiro ‘O noso Samaín’, unha actividade deseñada polo Concello de Vimianzo para nenos e nenas de idades entre 5 e 10 anos na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura. Tratouse dunha xornada para que as nenas e nenos coñezan a historia e a orixe do Samaín a través da lectura, complementada con actividades de manualidades. Unha xornada de animación á lectura e ás tradicións. Con elas e eles estivo a concelleira de Benestar Social e Igualdade, María José Pose.