O Nostrum Xixón Basket sacou petroleo ante o Calvo Basket Xiria (70-78)

1 minutes read

Pouca xustiza fixo o Basket co Calvo Basket Xiria, este sábado xogou un bo encontro no Vila de Noia contra o Nostrum Xixón Basket, e mesmo en momentos os carballeses lograron darlle a volta e ir por diante no marcador, pero ao final non puido ser, non puideron brindarlle unha desexada vitoria a súa aficción, e cos parciais 15-19, 18-19, 23-18 e 14-22, o Calvo Basket Xiria cultiva unha nova derrota cun resultado final de 70-78. Tócalle seguir mellorando ao equipo para tentar saír desta mala serie de varios partidos xa sen gañar.

Xornada solidaria

O club carballés homenaxeou á Asociación Aspaber no descanso do encontro, Aspaber é unha asociación aberta e plural, nun proceso continuo de adaptación á realidade e necesidades das persoas con discapacidade intelectual. A súa misión é axudar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias para ter o apoio necesario para desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns.