O novo alcalde de Laxe, Francisco Charlín Oróns, transmitiu ao vicepresidente de Vieiro Xosé María Arán Rodríguez, na reunión que este mantivo no despacho do rexedor, o desexo do Concello que preside en seguir colaborando e apoiando a labor de Vieiro.
«Tamén nos transmitiu por escrito o saúda institucional do alcalde que figura na páxina oficial de Vieiro e aparecerá en breve na próxima edición da revista», puntualizaba Arán.
«Desde Vieiro queremos desexarlle todos os éxitos na súa xestión á fronte do Concello de Laxe, así como ofertar a nosa carteira de servizos e a nosa colaboración como así se fixo con todas as corporacións anteriores», concluíu o vicepresidente de Vieiro.