O novo CHUAC contará cun investimento autonómico de case 20 M€ en 2021

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez destacou este sábado que o Goberno galego eleva o seu compromiso co “Novo CHUAC” ao máximo rango normativo, ao plasmalo no proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 que foi aprobado polo Consello da Xunta.

No referente aos presupostos concretos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a cidade e para a área da Coruña, Ethel Vázquez adiantou que subirán de forma coherente coas contas expansivas do Goberno galego, impulsando os investimentos e as obras públicas. Fixoo nunha xuntanza de traballo coa xunta directiva da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña, APECCO, encabezada polo seu presidente, Diego Vázquez Reino.

A conselleira apuntou que os obxectivos serán contribuír ao reforzo e mellora da sanidade pública, a través da construción de novos equipamentos, e avanzar na vertebración territorial, a seguridade viaria e a competitividade territorial, ademais de contribuír ao reto europeo do crecemento verde fomentando unha mobilidade máis limpa e sostible e unha xestión da auga máis eficaz e adaptada ao cambio climático.