O novo CHUAC será o punto de inflexión na asistencia sanitaria da Coruña e da contorna

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou na rolda de prensa do Consello a licitación dos proxectos técnicos e da dirección das obras do novo Hospital Público da Coruña; un proxecto dotado con máis de 430 millóns de euros e que será o punto de inflexión na asistencia sanitaria da cidade e da contorna.

“Trátase da maior infraestrutura que vai acometer o Servizo Galego de Saúde nesta lexislatura”, destacou, poñendo de relevancia que dobrarase a superficie do hospital da Coruña ata acadar 225.000 m² de superficie, o que supón o incremento do 108% de salas e postos de Urxencias, o incremento do 50% de consultas e postos de observación de Urxencias e cun 15% máis de camas dispoñibles e un 50% de habitacións individuais. Neste sentido, precisou que o Consello autorizou a licitación de todos os proxectos técnicos, construtivos, urbanísticos e dirección de obras deste novo hospital público ata o final por 7,6 millóns de euros.

Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.