O novo Data Center da Xunta cumprirá coa cualificación Tier-4

O Centro de Datos estará ubicado no parque empresarial de Sionlla e será o único dunha administración pública española en cumprir coas maiores esixencias mundiais de seguridade, que certifica o Uptime Institute coa cualificación Tier-4. As certificacións do Uptime Institute están consideradas o estándar globalmente recoñecido para a fiabilidade e o desempeño xeral dos centros de datos. Actualmente hai máis de 2.012 certificacións emitidas en 109 países, que van dende o primeiro nivel (Tier-1) ata o máis esixente (Tier-4).

O nivel de seguridade da nova instalación aportará estabilidade na prestación de servizos públicos críticos, xa que conterá toda a información que se almacena no CPDI do Gaiás. Deste xeito, evitará que se poidan producir caídas que afecten a servizos como a Sanidade ou a Educación.

Esta nova infraestrutura permitirá duplicar as capacidades de procesamento e almacenamento de datos actuais e estará dimensionada para xestionar o incremento de novos servizos dixitais. O Data Center traballará en sincronía co CPD albergado no Gaiás e reforzará os mecanismos de seguridade, dispoñibilidade e custodia dos datos de todo os sector publico autonómico, incluído o Sergas.

Todos os sistemas críticos estarán deseñados para poder ser illados e mantidos sen perda de servizo e contará con acometidas redundantes de electricidade e comunicacións.

O novo Data Center terá unha superficie de 10.000 metros cadrados e albergará tamén un plataforma loxística conectada cos centros de provisión para xestionar o equipamento tecnolóxico do sector público autonómico. O novo edifico disporá de salas para persoal técnico de administración dos sistemas e infraestruturas do CPD.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha