O novo GES de Maceda xa está operativo

1 minutes read

O GES de Maceda completou o procedemento despois de adherirse ao convenio de colaboración entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as deputacións provinciais e levar a cabo a selección dos seus 12 efectivos que xa finalizou coa formación impartida na Academia Galega de Seguridade Pública.
Este grupo con sede no concello de Maceda permitirá mellorar os tempos de resposta aos municipios de Maceda, Xunqueira de Espadanedo e Baños de Molgas e, ao mesmo tempo, atender aos concellos de Esgos, Paderne de Allariz e Vilar de Barrio, que ata agora dependían do GES de O Pereiro de Aguiar. Ademais destes concellos, tamén atenderá as incidencias en Xunqueira de Ambía.
A provincia ourensá contará con outro novo GES con sede en A Veiga, que inclúe tamén aos municipios de O Bolo, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.