O novo goberno muxián reúnese con varios contratistas

O novo goberno do Concello de Muxía reuníuse no Concello cos responsables das empresas encargadas de facer multidude de obras repartidas por todo o territorio do municipio e que comezarán a executarse nos vindeiros días. Dentro destas obras, cabe destacar o acondicionamento de vías, beirarúas, estradas deterioradas e os rebacheos en todo o termo municipal. Así como a rehabilitación da sala multicultural de Muxía, as áreas recreativas e as melloras de instalacións municipais. Ademais, darán comezo as obras de Moreira, Touriñán e Francia (Os Muiños) que xa estaban adxudicadas con anterioridade.