- Este xoves recibiu a visita do concelleiro de Formación, Innovación e Emprego, Iván Andrade, do alcalde Evencio Ferrero, e do delegado territorial da Xunta Ovidio Rodeiro.
Durante a visita Ovidio Rodeiro lembrou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte a Xunta apoiará a realización dun total de 3 talleres formación dos cales 1 deles é de carácter ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 2 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego na comarca máis de 651.000 euros.
Cursos AFD
Ademáis na área de Bergantiños-Costa da Morte impartiranse tamén 26 cursos de formación AFD (Accións Formativas dirixidas a Desempregados) para preparar a 390 alumnos cun investimento que supera o millón de euros. Estes cursos celebraranse, na súa maioría, en empresas e entidades sen ánimo de lucro e 3 deles no concello de Carballo. Os organizadores ofertarán accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.