O obradoiro de emprego larachés actúa na contorna do Museo de Golmar

1 minutes read
  • A especialidade de conservación e mellora de montes centra a súa actividade na área recreativa de Gabenlle e na zona verde do parque empresarial

A especialidade de carpintería e moble do Obradoiro de Emprego A Laracha VI iniciou as actuacións previstas na contorna do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar, que consisten na renovación do peche perimetral, da tarima de madeira e do mobiliario urbano (bancos e papeleiras). A intervención, a primeira que se realiza sobre o terreo, é a parte final dun labor que comezou cunha fase formativa e co traballo no taller.

O alumnado tamén elaborou mobiliario urbano que instalará proximamente en diferentes puntos do termo municipal, renovando os equipamentos existentes. Ademais, esta especialidade de carpintería de madeira tamén ten prevista outra actuación para a mellora do paseo fluvial do Anllóns.

Por outra banda, a especialidade de conservación e mellora de montes centra a súa actividade na área recreativa de Gabenlle e na zona verde do parque empresarial.