O obradoiro de Ordes forma a 20 desempregados en mellora de montes e repoboacións forestais


O obradoiro de emprego Brañas do Illo-Río Samo III en Ordes está centrado en actividades auxiliares e conservación de montes e en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, que conta cunha achega autonómica de máis de 346.000€. Trátase dun taller de emprego dirixido a desempregados de calquera idade. Estes obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional dos desempregados e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación está sendo especialmente útil nestes difíciles momentos porque os alumnos ademais de recibir formación perciben un salario durante os meses que dura o obradoiro. Este obradoiro recibiu este mércores a visita do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.