O ocio nocturno poderá abrir ata as 4 da madrugada se o TSXG avala o certificado covid

1 minutes read

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou este luns que a Xunta pedirá autorización ao Tribunal Superior de Xusticia de Galicia (TSXG) para poñer esta medida. O Supremo apoiou que se poida esixir en determinadas situacións epidemiolóxicas e contextos. Nisto baséase a Xunta para tentar incorporar a exhibición do carné covid para acceder aos locais de ocio nocturno, un requisito co que o propio sector está de acordo, aínda que pedía, de feito, que fose para todos os locais. 

Deste xeito, tal e como acordaron os representantes das empresas este luns a Xunta de Galicia, no lecer nocturno haberá un nivel básico (que se manterá como ata o de agora) e outro nivel cunha permisividade maior en canto a horario e ocupación.

Así, os locais que opten por non solicitar o certificado poderán abrir ata as 3 e cunha de ocupación do 75 por cento no exterior e o 50 por cento no interior, mentres que os establecementos que esixan o certificado poderán facelo ata as 4 da madrugada e ocupar o cento por cento da súa ocupación no exterior e o 75 % no interior.