O Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) traballa nun novo concepto para protexer a central de Zaporiyia. Explicouno o seu director xeral, Rafael Grossi, durante a súa segunda visita á planta nuclear desde o inicio da invasión rusa. Trátase de «protexer a planta de maneira máis local», sinalaba, subliñando que un accidente nuclear afectaría a todos, a «Rusia, Ucraína e ao resto de Europa». Grossi asegura que está moi preto de lograr un acordo para evitar un accidente catastrófico. Os reactores da planta nuclear están apagados e a electricidade requirida para operar os sistemas de arrefriado que evitan a fusión do reactor fornécese a través dunha liña eléctrica en funcionamento. O peor é que lonxe de terminar, os combates na zona están a intensificarse.
35