‘O ollo máxico’ xa está a disposición da veciñanza de Malpica no Fogar do Pensionista

Casa do Pescador en Malpica_GOOGLE MAPS

  • Trátase dunha mostra na que o espectador debe entrever imaxes de Xurxo Alfeirán a través de dous estetoscopios.

O Fogar do Pensionista de Malpica, situado no primeiro andar da Casa do Pescador, acaba de inaugurar a exposición O ollo máxico, un traballo realizado con material aportado polo veciño Xurxo Alfeirán Chouciño e que está formado por oito carteis que ‘esconden’ imaxes que o espectador debe entrever usando unha determinada técnica e dous estetoscopios.

A mostra, na que colaboran o departamento de Cultura e a Casa do Pescador, poderá visitarse desde este mércores ata o 3 de abril.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha