O Open Arms entrará en augas italianas despois de que un tribunal cancelase a prohibición de Salvini

Fonte: Euronews

A Xustiza italiana cancelou a prohibición asinada polo ministro do Interior italiano, Matteo Salvini, que impedía á ONG española Open Arms entrar en augas territoriais do país porque considera que o barco «se atopa nunha situación de evidente dificultade» e as persoas a bordo necesitan recibir asistencia urxente.

O Tribunal Administrativo Rexional do Lacio explica que «a situación de gravidade e urxencia excepcionais» xustifica que se permita desde este momento a entrada do barco en augas territoriais italianas «para que as persoas rescatadas que o necesiten reciban asistencia médica».

Salvini, pola súa banda, volveu a reiterar que asinará unha nova negativa para que o barco desembarque en Lampedusa.

A situaciónn no Open Arms empeora: catro persoas da mesma familia, entre eles un bebé, tiveron que ser evacuadas do barco de rescate pola Garda Costeira italiana durante a noite do martes. Ademais, as condicións meteorolóxicas tamén son malas noticias, xa que se prevían ventos de ata 22 nós.

Fonte: Euronews