O Consello Xeral do Poder Xudicial abriu un expediente a José Antonio Vázquez Taín, por presunta incompatibilidade dos seus negocios audiovisuais co seu oficio de maxistrado. Ao parecer, a súa participación nunha produtora xeraría unha incompatibilidade da que xa sería advertida polo órgano de goberno. O castigo previsto para unha falta grave é unha multa de entre 501 e 6.000 euros, mentres que se é tachada de moi grave, esta pode implicar unha suspensión, traslado forzoso ou, mesmo, separación da xudicatura. Á parte desa empresa de comercialización cinematográfica, Taín escribe novelas e é tertuliano habitual de numerosas radios e televisións.