A policía carga contra centos de manifestantes en Turquía. Utilizan pelotas de goma e gases lacrimóxenos para dispersar ás centos de persoas que saíran á rúa para reivindicar o dereitos LGTBI. O gobernador de Istambul negouse a autorizar a marcha coa xustificación de que había que «protexer a paz, a seguridade, a saúde xeral e a moralidade». Polo menos 20 persoas foron detidas. As marchas levan prohibidas na cidade desde 2014 cando marcharon decenas de miles persoas. En Francia, miles de persoas celebraron que podían volver estar xuntos no Orgullo despois dun ano e medio de pandemia. Máis aló da celebración multicolor os manifestantes expresaron a súa alarma polo retroceso dos dereitos en Hungría, Polonia e outros países. En Alemaña as rúas tamén se encheron de diversidade. O evento distribuíuse por diferentes zonas de Berlín debido á pandemia. Moitos saíron máis empoderados tras a defensa rotunda de Merkel das cores LGTBI no estadio de Múnic fronte á decisión da UEFA de non autorizalos. Miles de persoas participaron tamén no Orgullo de Roma onde este ano reivindicaron que canto antes salla adiante o proxecto de lei contra a homofobia de Zan, unha reforma que suscitou un acalorado debate en Italia.
31