O orzamento de Carballo para 2020 irá ao Pleno do día 23

1 minutes read
  • O documento xa lles foi entregado aos grupos da oposición, que volverán a reunirse en comisión por segunda vez antes de que se leve a cabo o debate plenario.

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Facenda de Carballo, Belén Lendoiro, realizaron unha exposición dos números recollidos no primeiro orzamento deste mandato, que roza os 26 millóns de euros, e que mantén unha liña de continuidade con respecto ao anterior para seguir apostando polas “políticas referendadas polos carballeses e as carballesas en maio”, tal como comentou Belén Lendoiro. E con ese obxectivo preséntase unha proposta que reforza aínda máis o papel do Concello de Carballo como “referente na prestación de servizos” e nas súas políticas sociais. “O goberno quere seguir mantendo a marca Carballo, a marca da humanización, os servizos, a atención social, a participación veciñal, os investimentos… E todo iso sen tocar impostos nin taxas”, apuntou a concelleira.