Sada celebrará o VIII Outono de Tapas, está organizado polo Concello co obxectivo de reforzar a marca da vila e animar o comercio local e o sector da restauración.
Nesta octava edición o Outono de Tapas amplía as súas datas de celebración a dúas semanas completas, coa idea de ofercer máis posibilidades a veciños e visitantes nas maiores condicións de seguridade evitando agomeracións e cumplindo coa todos os protocolos sanitarios.
Así, terá lugar entre o luns 9 e o domingo 22 de novembro. Serán, pois, 13 días nos que o público poderá degustar o a gastronomía local en pequenos bocados de productos de tempada optando a diferentes premios directos dos raspa e gana creados especialmente para o evento onde se incluen desde camisolas, máscaras e outros obxectos de divulgación do Concello de Sada ata vales de servizos a desfrutar nos locais participantes.
Desde a Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego animan a todos os bares e restaurantes a participar nesta nova edición que promocione Sada como un destino seguro e dinámico que aposte polos productos de tempada e a creatividade.