O Padroado Fogar de Bergantiños convoca a elección dos seus premios

nhdiario.es

As oficinas do despacho parroquial da igrexa San Xoán Bautista de Carballo acollen este xoves 20 de febreiro ás 20:00 horas as propostas dos nomeados á votación dos premios Carballés, Galego e Bergantiñán do Ano 2019 que concede o Padroado Fogar de Bergantiños. Todas as asociacións da comarca están convocadas para asistir á elección, así como os medios de comunicación, que poderán propoñer aos/ás candidatos/as que estimen oportunos/as. Aínda que no caso de non poder asistir, poden enviar as súas propostas por correo electrónico a: info@padroado.com