O Padroado Fogar de Bergantiños designa a 14 aspirantes para os seus premios

1 minutes read

Catorce persoas e entidades aspiran aos títulos de Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2019 que outorga o Padroado Fogar de Bergantiños. Cinco son os aspirantes a Carballés do Ano, entre os que destacan o pediatra Alejandro Ávila, o equipo senior do Balonmán Xiria, o grupo de natación adaptada de Sysca, os irmáns Gende Díaz (Chapela) e a Feira das Ciencias do IES Alfredo Brañas.

Para Bergantiñán do Ano hai catro nomeados, a agrupación deportiva «Un Paso Máis», o Instituto de Estudos Bergantiñáns, a regueifeira Lupe Blanco e o malpicán Francisco Javier Couto Castro. Para Galego do Ano, cinco son os elixidos, a entidade Camiño dos Faros, o actor Oliver Laxe, o profesor Fernando Vázquez Pena, a enxeñeira de camiños ceense María Canosa Blanco e o músico Xabier Díaz.

As Asociacións culturais da comarca dispoñen de prazo ata o 20 de marzo para engadir as súas propostas e conformar así a listaxe definitiva de candidatos. Está prevista a votación para mediados do mes de abril e o acto de entrega no Salón de Plenos do Concello de Carballo para principios de xuño.