Empeza a rexurdir, que falta lle facía, o equipo larachés. Logo de privarlle ao Bergantiños o asalto á cabeza da táboa a pasada xornada, este mércores cultivou unha importante vitoria na Porta Santa contra o Deportivo Fabril (2-1). Ricardo Álvarez foi o encargado de abrir a lata para o Paiosaco-Hierros no minuto 44 de partido, e un minuto máis tarde un gol de Beto poñía o 2-0 no marcador, resultado máis que positivo para irse ao descanso. Con todo o segundo tempo comezou de modo inmellorable para o Deportivo Fabril, que se aproximou no marcador cun gol de Barba no minuto 54. Bo resultado para os de Juan Riveiro, que este domingo recibe novamente na casa ao líder da categoría, o Somozas, mentres os de Juan Carlos Valerón, descansarán esta fin de semana.
38